Cee | Aberto o prazo de inscrición para a formación de adultos no IES Fernando Blanco

1 minutes read
  • Os cursos desenvolveranse de xeito presencial de luns a xoves en horario de tarde

Desde este luns e ata o próximo martes, 18 de xaneiro, está aberto o prazo para inscribirse nas ensinanzas para adultos correspondentes ao segundo cuatrimestre do curso 2021-2022 do módulo II (2º da ESO) e módulo IV (4º da ESO) do IES Fernando Blanco de Cee. Estas formacións están dirixidas a aquelas persoas que non teñen unha titulación básica, que non remataron a EXB ou que precisan ter o título da ESO para acceder a outros estudos.

No caso das Ensinanzas Básicas Iniciais -aquelas destinadas a persoas adultas que precisen alfabetización básica, cálculo ou aprendizaxe do idioma- o prazo de matrícula permanece aberto todo o curso.

As clases desenvolveranse de forma presencial no instituto ceense de luns a xoves en horario de 18:30 a 22:30 horas.