Desenvolverase o sábado 11 e haberá actividades gratuítas para todos os públicos
O sábad, 11 de decembro, a Casa da Cultura de Cee acollerá a primeira xornada formativa sobre a inclusión socioeducativa e o trastorno do espectro autista (TEA).
A programación, organizada pola área de Servizos Sociais, consta de diversas actividades gratuítas e para todos os públicos que serán impartidas por varios profesionais. As inscricións poden realizarse ata o 7 de decembro nesta ligazón.
Programa da I Xornada Formativa TEA_Concello de Cee