Cee acollerá este sábado un Festival Solidario contra o Cancro

1 minutes read

A Xunta Local da AECC en Cee organiza o V Festival Solidario contra o Cancro, que terá lugar este sábado 22 de novembro de 2025, ás 20:00 horas na Casa da Cultura de Cee.

O festival contará coas actuacións de:

  • Grupos de baile Arte e Movemento e Terra de Sena
  • Coro infantil da Escola de Música de Cee
  • Coro Chan das Lamas de Carnota
  • Grupo de Folk Ghandaina
  • O músico Juanma Abelleira

A entrada ten un prezo de 5 euros, inclúe número para o sorteo, e os menores de 12 anos entran de balde. Será unha cita cultural e solidaria na loita contra o cancro.