Cee acolleu a segunda xornada do programa O Mes da Fundación, na súa sección para o público en xeral

1 minutes read

Foi co Concerto Comentado “Axúdame, compañeira, a facer a foliada: a gaita e a percusión na música tradicional galega” da man da gaiteira Marina Fernández Vigo e da percusionista Sandra Pérez Míguez.

Na charla-concerto realizouse unha viaxe a través da historia da música tradicional galega mediante o dúo simbiótico que supoñen a gaita e a percusión. Comezando na gaita solista acompañada por tambor, o concerto repasou a posterior incorporación do bombo á formación; ata chegar á actual composición de obras que exploran outros instrumentos non presentes na tradición galega, como a marimba.

Así mesmo, o uso de instrumentos de percusión habitualmente asociados ó canto (neste caso acompañando á gaita) fixo fincapé na diferente filiación dos instrumentos dependendo do contexto no que se empregasen (ámbito doméstico ou escénico) coa conseguinte reflexión en clave de xénero.

Buscouse, de igual modo, reflexionar críticamente no papel da percusión como mero acompañamento, entendendo que supón, xunto coa gaita, un elemento imprescindible deste dúo.

O programa continúa o martes 17 con varias sesións de planetario portátil con Íñigo de la Quadra-Salcedo para o alumnado de quinto de primaria dos colexios Manuela Rial é Vila de Cee.