Os bombeiros do parque comarcal de Cee foron requiridos para abrir a porta dunha vivenda no lugar da Canosa, na parroquia de Lires. O morador da mesma non respondía as chamadas dos seus familiares. Dada a voz de alarma, ao lugar tamén acudiu unha ambulancia do 061 e a Garda Civil. Unha vez autorizada a entrada, os bombeiros atoparon o corpo sen vida do residente, un home de 66 anos, que segundo as primeiras hipóteses podía ter falecido por causas naturais, en todo caso, a autopsia determinará as causas exactas da súa morte.
Cee | Atopan morto na súa casa de Lires a un home de 66 anos
Bombeiros de Cee_Arquivo.