Cee avanza no desenvolvemento da administración electrónica municipal

1 minutes read

Mediante unha resolución da alcaldía pola que se acorda aprobar o «Selo electrónico de Órgano e a regulación das actuacións administrativas automatizadas do Concello de Cee», dáse un paso máis no desenvolvemento da Administración electrónica municipal, que permite que os veciños e veciñas poidan solicitar e descargar ao momento na sede electrónica municipal (htps://sede.cee.gal), e de forma completamente automatizada, certificados e volantes de empadroamento de carácter individual (non colectivo).

A sede electrónica garante en todo momento a identidade, integridade e autenticidade do cidadán a través de «Cl@ve». Ademais, dispón dun rexistro que acredita e certifica estas transaccións, o «Rexistro telemático». Lémbrase que para acceder aos servizos que se prestan na sede electrónica (presentación telemática de escritos, solicitudes ou comunicacións), é necesario identificarse a través do sistema cl@ve.