Cee | Caamaño&Ameixeiras, Praza Otero Lastres, 21.00 horas

0 minutes read

Trátase dun dúo de balfolk composto por dúas das máis virtuosas músicas galegas, Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras, que teñen como instrumentos o acordeón e o violín. Ambas as dúas están preparando o seu disco baixo a produción de Diego Galaz. Neste 2020 xa estiveron en Madrid ou Burdeos, pero a crise sanitaria cancelou concertos previstos no Reino Unido, Francia, Portugal ou no Festival de Ortigueira. A cita é esta noite ás 21.00 horas na Praza Otero Lastres, dentro da programación agosto Cultural 2020, posta en marcha polo Concello de Cee.