Cee convoca o proceso de selección de 11 peóns para limpeza de praias

O Concello de Cee abre unha convocatoria que ten por obxecto a contratación de 11 persoas para prestar o servizo de persoal de limpeza de praias e contorna nos termos establecidos na convocatoria do programa de limpeza de praias marítimas dirixido a concellos da provincia. O contrato será de duración determinada a tempo parcial por obra ou servizo, tipo 501, grupo cotización 10, cunha xornada laboral de 4 horas diarias. As instancias dirixiranse ao Alcalde do Concello de Cee e presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 13.30 horas. O prazo está aberto e expira o próximo día 21.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha