Tal e como informou a Comandancia da Garda Civil nunha nota, ás 7 da mañá deste venres recibiron varias chamadas no Centro Operativo da Comandancia (COC), avisando da presenza no centro urbano de Cee dun individuo armado. Desde a central operativa alertaron ás patrullas da zona para a localización e detención desta persoa, que resultou ser J. M. R. veciño de Muxía, que no momento de ser detido presentaba síntomas evidentes de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas e substancias estupefacientes, pero non portaba ningún tipo de arma. Acto seguido as patrullas actuantes realizaron un dispositivo de rastrexo localizando nas inmediacións unha arma longa e unha arma curta, as cales foron recollidas para a súa análise pericial. A forza actuante iniciou unha investigación para tratar de esclarecer todo o ocorrido.
O vídeo mostra ao home armado e deambulando pola rúa en Cee.