Cee, Dumbría e Muxía pechan a hostalería

1 minutes read

O conselleiro de Sanidade, anunciou este venres que seis municipios van saír das máximas restricións pola covid-19, mentres que outros tantos se incluirán nesas limitacións, que supoñen o peche perimetral e da hostalería. Na conferencia de prensa tras a reunión semanal do subcomité clínico, en que tamén participou a conselleira de Política Social, Fabiola García, dixo que pasan do nivel 2 ao 3, polo tanto a estar pechados, cun peche perimetral conxunto, os concellos de Cee, Dumbría e Muxía. No resto de Galicia, Ridabumia, Meis e Meaño tamén terán que aplicar novas medidas. Polo contrario, Sanidade destaca a boa evolución de Santiago e Ourense.