Cee e Dumbría reciben axuda autonómica para corrixir impactos paisaxísticos

Concretamente, no caso de Dumbría recibirá 15.822 euros para actuar no peche perimetral do campo de fútbol municipal do Conco: levarase a cabo o recebado e pintado da totalidade do cerramento do campo e ademais proponse a demolición parcial do muro nun treito reducindo a súa altura, mudando esta parte por unha de lamas verticais de aceiro galvanizado.

No caso de Cee a Xunta financiará con 12.695 euros a recuperación do lavadoiro próximo ao conxunto etnográfico de Morancelle. A contorna do lavadoiro atópase moi deteriorada. O proxecto aprobado contempla a limpeza e lavado tanto do lavadoiro como dos parámetros da contorna, selado das fendas no tanque de auga, recebado e a substitución dos desaugadoiros e arquetas. Ademais, procederase á demolición da pavimentación actual para proceder á construción dunha soleira rematada con pedra irregular semellante á existente na contorna.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha