Cee | Eliminado un vertido no entorno do rego de Tedín


Os técnicos do Plan de Control de Vertidos, dependente de Augas de Galicia, localizaron este foco na parroquia de Lires, onde detectaron as verteduras procedentes de varias das vivendas do núcleo de Tedín, que se atopaban canalizadas de xeito conxunto.

Os inspectores procederon á mostraxe do vertido, confirmando as analíticas valores de emisións contaminantes no entorno do rego.

A problemática de vertidos identificada neste punto foi posta en coñecemento do Concello de Cee para que se adoitasen as medidas correctoras oportunas para o cese das emisións contaminantes.

Augas de Galicia realizou unha recente inspección á zona, na que se comprobou a emenda do vertido, tras ser reconducidas as augas residuais das vivendas á estación depuradora de Ruibo.