Cee | Excarcerada unha persoa tras un accidente en Morancelle

Este martes produciuse unha colisión entre dous turismos no lugar de Morancelle, en Cee. O 112 Emerxencias Galicia recibiu o aviso dun particular que solicitaba atención ao sinistro. Ao lugar derivou aos Bombeiros de Cee, a unha Ambulancia do 061 e á Garda Civil de Tráfico. Tras a chegada ao punto, os Bombeiros tiveron que excarcerar a un ocupante dun dos turismos, dado que non era quen de liberarse polos seus propios medios.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha