Cee gozou dunha sesión reducida de fogos artificiais

1 minutes read

É que coa que está a caer por culpa do Covid-19, xa nada é como antes. De todos os xeitos a Vila de Cee non quixo perderse unha das citas importantes dentro das celebracións das festas da Xunqueira, como é a cita cos fogos artificiais. Este ano a asistencia de público nas rúas foi reducida e controlada, pero o pobo de Cee puido igualmente gozar do estrondo dunha sesión de fogos artificiais, aínda que moito máis reducida do normal, desde o Concello apuntan que o orzamento deste ano foi de 835 euros. Pero aínda así, Cee e A Xunqueira tiveron fogos artificiais retransmitidos para todo o mundo tras o espectáculo musical de Gallaecia Small Band na Casa da Cultura.