Cee hoxe | «Lambetadas» e Soul & Roll, no agosto Cultural

Lambetadas terá lugar ás 12.30 horas no Auditorio da Casa de Cultura. Esta obra ten como obxectivo fundamental a concienciación e posta en valor da lingua propia como elemento fundamental da identidade individual e colectiva na sociedade galega actual. O traballo de creación baséase nos textos encargados ex profeso a varios autores (Santiago Cortegoso, Sechu Sende e María Canosa), que son levados a escena baseándose no universo do clown e nas técnicas do teatro de obxectos. Finalmente, os protagonistas descubrirán que a identidade está na propia lingua, porque con ela se poden saborear as lambetadas máis doces e variadas.

O dúo ourensán Soul & Roll actuará na Praza Otero Lastres ás 21.00 horas. Soul & Roll está formado pola cantante Tamara Pérez e o guitarrista Miguel Araujo, ofrecerá un concerto co mellor do seu repertorio: temas clásicos do pop-rock español dos anos 80 e 90 —como Luz Casal, Miguel Ríos, Siniestro Total, Los Secretos, Nacha Pop ou Danza Invisible— e de artistas internacionais como Queen, Creedence Clearwater Revival, Jackson Five, Police, U2, Nirvana ou Guns and Roses. Tamara Pérez traballou durante anos como cantante de orquestras e  ademáis de participar en Soul & Roll, colabora no programa Bamboleo de TVG.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha