Cee | Liberados polos bombeiros tras quedar atrapados nun ascensor

Os Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Cee, acompañados de voluntarios de Protección Civil, acudiron este sábado a un edificio da localidade para rescatar ás persoas que quedaran atrapadas no interior dun ascensor. O 112 Emerxencias Galicia foi quen deu a voz de alarma. Unha vez restablecida a normalidade, sen danos persoais a maiores do susto, pasóuselle aviso á empresa propietaria da máquina para restablecer o seu normal funcionamento.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha