O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, presentou coa alcaldesa de Cee, Margot Lamela as últimas axudas do goberno concedidas ao concello de Cee. Destaca unha subvención do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio por importe de 1.057.979,36 € para a reforma integral do mercado municipal. Trátase dun proxecto integral de mellora que beneficiará ao 100% das actividades comerciais. Pedro Blanco afirmou que estes fondos certifican o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez “cos concellos, aos que tendemos a man para avanzar na súa transición verde, na transformación da economía e na súa dixitalización”. Respecto diso, indicou que as últimas concesións forman parte do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
31