Cee | O vandalismo volve causar estragos en Man, a escultura multicolor de Stoupa

Cedida

  • A xerente da tenda, Begoña Fernández, móstrase perplexa ante o acontecido

Nin as intensas choivas desta fin de semana nin os fortes refachos de vento puideron coa colorida escultura que preside a tenda Stoupa, situada na vila de Cee. Sen embargo, este domingo a estrutura sufriu varias roturas que, tal e como confirma a xerente do local, Begoña Fernández, «responden a estupidez humana duns descerebrados».

A escultura de Nando Lestón, cuxo nome fai referencia ao artista Man de Camalle, xa aguantara os golpes dalgúns vándalos despois das festas de Noitevella no ano 2018.

A obra será restaurada de novo, pero desde o establecemento non entenden os motivos que poden levar a algunhas persoas a romper e destruír o traballo doutras, e piden máis respecto.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha