- O agresor encarouse coa vítima por, presuntamente, palpar o traseiro da súa parella
Tensión na vila de Cee este venres cando un mozo, veciño de Fisterra, se presentou cun machado na parada de taxis na Rúa Domingo Antonio de Andrade. A vítima, un taxista de Frixe (Muxía) afincado na localidade ceense, foi ameazada cunha machada e posteriormente cunha motoserra por, presuntamente, «tocarlle o cú» á parella do agresor tal e como este berraba na rúa, segundo varias testemuñas.
Non é a primeira vez que este taxista se enfronta á algúns cidadáns por problemas relacionados con tocamentos ou conversas de índole sexual.