A Xunta premia as iniciativas destos dous centros educativos, e 14 máis en toda Galicia, no XI Concurso de Traballos por Proxectos impulsados desde as bibliotecas escolares. Trátase de iniciativas que responden a temas de interese do alumnado e que desenvolven contidos curriculares en diversos ámbitos do coñecemento como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia, entre outros.
O obxectivo do certame é favorecer que os estudantes reforcen as competencias clave a través do desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación desde a biblioteca escolar. Ao mesmo tempo, impúlsase o traballo en equipo entre os máis novos.
A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado.
Na segunda modalidade, de iniciativas de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel, e na terceira categoría, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos de diferentes cursos ou niveis, os premios son de 1.500€ por centro. Na cuarta modalidade, de proxectos de investigación intercentros para desenvolver un proxecto común, o galardón ascende a 3.000 €.
A relación de centros premiados é a incluída no seguinte cadro:
| Modalidade | Provincia | Concello | Centro |
| 1 | A Coruña | Brión | IES Brión |
| Santiago de Compostela | CEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei | ||
| Ourense | Celanova | IES Celanova Celso Emilio Ferreiro | |
| Pontevedra | Cerdedo-Cotobade | CEIP Plurilingüe de Carballedo | |
| Cuntis | CPI Aurelio Marcelino Rey García | ||
| Meaño | CEIP Plurilingüe As Covas-Meaño | ||
| Salvaterra de Miño | CEIP Plurilingüe de Leirado | ||
| Silleda | IES Plurilingüe Pintor Colmeiro | ||
| O Grove | CEIP Valle-Inclán | ||
| O Porriño | IES Ribeira do Louro | ||
| 2 | A Lama | CEIP A Lama | |
| Vigo | IES Valadares | ||
| 3 | Cuntis | CPI Aurelio Marcelino Rey García | |
| Vilagarcía de Arousa | CEIP A Escardia | ||
| 4 | A Coruña | Carballo | CEIP Xesús San Luís Romero |
| Coristanco | CEIP Canosa-Rus |