CEIP Xesús San Luís Romero e CEIP Canosa-Rus recoñecidos polos seus proxectos de investigación

A Xunta premia as iniciativas destos dous centros educativos, e 14 máis en toda Galicia, no XI Concurso de Traballos por Proxectos impulsados desde as bibliotecas escolares. Trátase de iniciativas que responden a temas de interese do alumnado e que desenvolven contidos curriculares en diversos ámbitos do coñecemento como as matemáticas, o patrimonio, a xeografía, a natureza, a arte ou a ciencia, entre outros.

O obxectivo do certame é favorecer que os estudantes reforcen as competencias clave a través do desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinario ou de proxectos de investigación desde a biblioteca escolar. Ao mesmo tempo, impúlsase o traballo en equipo entre os máis novos.

A convocatoria contemplaba catro modalidades de participación. Na primeira delas, de proxectos que combinan diversas materias coordinados desde a biblioteca escolar e que conten coa participación dun mínimo do 40% dos grupos-aula do centro, prémianse 10 centros, que reciben cada un 2.000€ para gastos relacionados co traballo presentado.

Na segunda modalidade, de iniciativas de investigación dirixidos por profesorado dun grupo ou nivel, e na terceira categoría, de proxectos de investigación dirixidos por profesorado para grupos de diferentes cursos ou niveis, os premios son de 1.500€ por centro. Na cuarta modalidade, de proxectos de investigación intercentros para desenvolver un proxecto común, o galardón ascende a 3.000 €.

A relación de centros premiados é a incluída no seguinte cadro:

ModalidadeProvinciaConcelloCentro
1A CoruñaBriónIES Brión
Santiago de CompostelaCEIP Plurilingüe Mestre Rodríguez Xixirei
OurenseCelanovaIES Celanova Celso Emilio Ferreiro
PontevedraCerdedo-CotobadeCEIP Plurilingüe de Carballedo
CuntisCPI Aurelio Marcelino Rey García
MeañoCEIP Plurilingüe As Covas-Meaño
Salvaterra de MiñoCEIP Plurilingüe de Leirado
SilledaIES Plurilingüe Pintor Colmeiro
O GroveCEIP Valle-Inclán
O PorriñoIES Ribeira do Louro
2A LamaCEIP A Lama
VigoIES Valadares
3CuntisCPI Aurelio Marcelino Rey García
Vilagarcía de ArousaCEIP A Escardia
4A CoruñaCarballoCEIP Xesús San Luís Romero
CoristancoCEIP Canosa-Rus

Related posts

Revisión de accesos, elementos de seguridade e pasarelas para garantir un tránsito cómodo e seguro no litoral carballés

O voluntariado darase cita este domingo para levar a cabo unha limpeza de fondos no porto camariñá de Camelle

A Pleno na Laracha a aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas do Igrexario de Lestón