Celabrados con normalidade os actos relixiosos do Pilar

1 minutes read

A advocación da nosa Señora do Pilar foi obxecto dun especial culto, tamén na Costa da Morte, á que moitas institucións a veneran como patroa, en especial a Garda Civil. En Malpica, os actos contaron coa asistencia de axentes da Garda Civil de Malpica, Ponteceso e Laxe e membros da corporación municipal que despois da misa compartiron uns petiscos no bar Jofra.

Na parroquia San Xoán Bautista de Carballo celebrouse a Eucaristía, a gallo da Garda Civil, presidida polo párroco José García Gondar, concelebrada por Manuel Mallo e o Pai Plácido, e cantada pola Coral de Bergantiños.

Nela participaron axentes e mandos da Garda Civil e a Policía Local, ademais do rexedor carballés, Evencio Ferrero, e o seu homólogo coristanqués Juan García Pose. Na homilía, García Gondar parabenizou e deu as grazas á Garda Civil polo seu servizo, pola súa actitude de permanente vixilancia para defender a nosa liberdade e os nosos dereitos cidadáns. Ademais pediu polos gardas civís defuntos e polas súas familias.

Tamén se celebraron actos noutras localidades como Ponteceso ou Corcubión.

Autoridades nos actos celebrados en Carballo_Parroquia.