A Laracha celebrou este domingo a 9ª xornada micolóxica «As setas da Laracha». Tratouse dunha actividade dirixida a todos os públicos e que contou coa participación de medio cento de persoas. Ao remate houbo un obradoiro de identificación das setas que os propios participantes recolleron durante a mañá, Curiosidades do reino fungi, foi a cargo de Raquel Poncini e Pablo Cuadrado na área recreativa de Gabenlle.
Celebrada a 9ª xornada micolóxica ‘As setas da Laracha’
Cedida