A Consellería de Sanidade acolleu a celebración da I Xornada de Actualización sobre Trastornos Aditivos, un encontro que reuniu a expertos de prestixio internacional no eido da atención ás adicións, e que constitúe o primeiro encontro destas características que ten lugar en Galicia.
A xornada contou con profesionais de diferentes ámbitos que aportaron distintas visións dun problema con múltiples caras. Así, tratáronse aspectos como determinantes genéticos, de xénero, sociais e psicolóxicos no debut dos trastornos desde un modelo biopsicosocial. Concretamente, abordáronse temas como a relación da xenética nas condutas aditivas, os modelos organizativos de atención ás drogodependencias ou a necesidade na rede asistencial do traballo inter e multidisciplinar. Tamén se falou da epixenética das adicións e da importancia da perspectiva de xénero no seu tratamento. Ademais os asistentes tiveron oportunidade de coñecer a xestión deste tipo de trastornos nun contexto internacional, exemplificada nunha ponencia sobre a epidemia de sobredose de opiáceos en América e as estratexias para combatela. Entre os ponentes figuran profesionas de recoñecido prestixio a nivel internacional como Iván Darío Montoya Bravo, director da División de Terapéutica e Consecuencias Médicas (DTMC) do Instituto Nacional sobre o Abuso de Drogas (NIDA), en Estados Unidos; Ángel Carracedo Álvarez: Catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética, da Universidade de Santiago de Compostela; ou Félix Carvalho, do departamento de Toxicoloxía da Facultade de Farmacia da Universidade de Porto.
Este encontro marca marca o inicio dun itinerario formativo para os profesionais que se desenvolverá ao longo deste ano, centrado en retos asistenciais, boas prácticas e conñecemento de procedementos específicos. O itinerario permitirá ter un repositorio formativo accesible e actualizable tanto para os profesionales que actualmente traballan na rede como para aquellos con interés en la materia
A xornada dirixiuse aos máis de 250 profesionais que traballan na rede de atención aos trastornos adictivos en Galicia.