Celebrada a primeira Asamblea ordinaria da Federación Alzhéimer Galicia de xeito presencial

Cedida

O pasado sábado 26 de xuño o presidente da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer-AFABER, Jesús M. Villar Antelo, asistiu á Asemblea xeral ordinaria da Federación Alzhéimer Galicia celebrada en Santiago. A reunión levouse a cabo de forma mixta, con convocados que participaron de xeito telemático pero tamén de xeito presencial, sendo a primeira xuntanza na que houbo asistencia física tras a Covid-19.

Na Asemblea deuse conta da memoria de actividades e as contas do ano 2020. Tamén se trazou o plan de actividades para este 2021 xunto cos correspondentes orzamentos.