Celebrada a Primeira Etapa da Ruta do Camiño dos Faros, de Malpica a Niñóns

O porto de Malpica acolleu a saída dunha nova ruta definida como a Primeira Etapa ata Niñóns, Ponteceso, en apoio da Ruta do Camiño dos Faros. No acto estiveron presentes o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, o concelleiro de Obras Miguel Fernández, e tamén o alcalde de Ponteceso, Lois García Carballido. Todos defenderon esta actividade e felicitaron á asociación Camiño dos Faros por esta iniciativa. Un reto deportivo pero tamén reivindicativo porque a esta asociación e a esta ruta hai que apoiala polo que aporta á economía de Ponteceso «, dende o Concello realízase un mantemento anual da ruta e considérase que ten unha alta importancia para a economía local sobre todo para a hostalaría, os taxis e o pequeno comercio, declarou o alcalde de Ponteceso, Lois García.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha