Case 200 nadadores participaron este domingo na XIII Travesía Sisargas de Malpica. Numeroso público achegouse ata á Praia Area Maior para animar aos deportistas. Os premios foron entregados por Eduardo Parga, alcalde de Malpica; Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Seguridade Cidadá; Noelia Freijerio, concelleira de Deportes; Pedro Pérez, patrón maior da Confraría de Malpica; Luís Miguel Fernández García, concelleiro de promoción Económica e Comercio, e Marcos Ordoñez.
Gañadores da travesía corta
Feminino
Masculino
Travesía Larga
Feminino
Masculino
No acto tamén se entregaron premios ás persoas que levan participando nas 10 útimas edicións. O Concello de Malpica colabora na organización da Travesía, na que tamén estiveron implicadas a Confraría de Pescadores de Malpica, a Deputación da Coruña, Protección Civil de Malpica, e a Cruz Vermella.
Dende o Concello agradecen a colaboración de Protección Civil de Carballo e Santiago, Buceo Malpica, Restaurante Material, Area Chill Out, e dos barcos Santiño do Mar e Pasa Aquí.