Celebrada en Cabana unha charla sobre xénero e o novo contexto dixital para escolares

1 minutes read

Os alumnos e alumnas de 3ª e 4º da ESO do CPI As Revoltas de Cabana de Bergantiños asistiron a unha charla promovida pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade a través da Secretaría Xeral da Igualdade e enmarcada na rede de entidades locais contra a violencia de xénero, consistiu nun coloquio no que os rapaces e rapazas participantes puideron coñecer e aprender a previr as novas formas de violencia asociadas ao contexto dixital actual, como poden ser o sexting ou a ciber violencia de xénero. Desde o goberno local valoran positivamente que a rapazada poida acceder a este tipo de iniciativas “que achegan información útil e necesaria para fomentar unha contorna dixital harmoniosa na que todas e todos teñen cabida”.