Celebrada en Carballo a primeira feira tras o confinamento

Este domingo, dous meses despois, a praza do Concello de Carballo recobrou vida e alegría coa celebración da súa primeira feira tras a suspensión levada a cabo a mediados do mes de marzo ao ser decretado o estado de alarma debido á pandemia do coronavirus.

Unha actividade que segundo o alcalde, Evencio Ferrero, tentouse iniciar o pasado xoves, pero seguindo as indicacións da Subdelegación do Goberno non foi posible. Era algo moi necesario e esperado por «as persoas que conviven no pobo, pero sobre todo para os pequenos produtores que levaban dous meses sen poder realizar ningún tipo de actividade», dixo o rexedor.

Tratouse dunha «feira moi organizada, con ampla separación entre os postos, concorrencia responsable e respectando as distancias de seguridade que as autoridades sanitarias recomendan». Espérase ir recuperando aos poucos a normalidade «polo ben da saúde, do comercio e da actividade económica local», concluíu.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha