Celebrada en Carballo unha ruta polos muíños do pan


A Asociación Ambiental Senda Nova colaborou, un ano máis, nas actividades da Semana Europea da Mobilidade. Nesta ocasión propuxo unha ruta polo treito máis descoñecido da Ruta dos Muíños do Pan, o que abrangue dende A Ponte de Bértoa, dende onde se realizou a saída, ata o Muíño da Cheda. O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, acompañounos na saída, onde lles fixo entrega aos participantes dun kit básico que incluíu mochila, chaleco reflectante, botella reutilizable e mascarilla.