Celebrada en Outes unha nova sesión de contacontos sobre galegas referentes

1 minutes read

A Consellería de Emprego e Igualdade levou ao CEIP Plurilingüe de Outes unha nova sesión de contacontos ilustrados que, baseada no programa Donas de si, no que toma parte este centro, revisou a traxectoria da oceanógrafa Ángeles Alvariño.

A actividade estivo dirixida a alumnas e alumnos de educación infantil e primaria, co obxectivo de que coñezan e recoñezan figuras de mulleres que tiveron un papel relevante no desenvolvemento da sociedade galega contemporánea para achegarse a súa contribución aos eidos da cultural, social, científico, artístico e político.

O programa Donas de si trata de favorecer a visibilización e potenciar o liderado das mulleres como pezas fundamentais do desenvolvemento da sociedade galega. Utilízanse estas figuras como punto de partida para traballar na aula o concepto da igualdade e para eliminar estereotipos de xénero.

Ademais se contribúe a realizar unha aproximación a mulleres relevantes, con especial atención ás máis esquecidas, para divulgar a memoria histórica feminina de Galicia.

Parte da escolma de mulleres protagonistas dos contacontos sae da publicación da colección Mulleres Galegas, integrada por cinco biografías: a da mestra e pedagoga Ernestina Otero; a da oceanógrafa, Ángeles Alvariño; a da artista Maruja Mallo; a da editora María Victoria Moreno; e a da mestra e inventora, Ángela Ruiz Robles. Trátase de libros de pequeno formato nos que xa traballan os centros e que ademais da traxectoria vital das protagonistas inclúen actividades para traballar na aula.