Celebradas varias protestas de apoio a Hasél


A concentración máis numerosa en apoio ao rapero Pablo Hasel en Galicia tivo lugar en Vigo, onde un grupo de manifestantes protagonizou un incidente ao termo do acto, cando se dirixiron cara á rúa Venezuela e lanzaron pedras a coches da Policía Local, provocándolles danos nos cristais. Ademais da concentración de Vigo, outras cidades galegas acolleron actos de apoio a Pablo Hasél, detido en Lleida este martes. Así, houbo manifestacións en Santiago, A Coruña ou Pontevedra, onde os participantes reclamaron a “amnistía” para Hasél, pero non se rexistraron incidentes.