41
Hai 25 anos que o centro de día FRAMA, o primeiro que comezou a funcionar en Galicia, abriu as súas portas na Coruña.
Para conmemorar este aniversario, o centro organizou un acto no que participaron a deputada provincial de Política Social, Mar García Vidal, e a concelleira de Benestar Social da Coruña e tamén deputada provincial Yoya Neira.
As deputadas interesáronse polo funcionamento do centro, que desenvolve actividades de estimulación física e cognitiva, así como de carácter lúdico, para os preto de cen usuarios e usuarias dos dous centros cos que conta actualmente na cidade herculina.