Celebrado o acto da Traslación do Apóstolo Santiago

A cerimonia de translación comezou este xoves na praza do Obradoiro coa tradicional parada militar. O alcalde de Santiago actuou este ano como delegado rexio e pasou revista ás tropas. Dentro da catedral, na súa ofrenda, Xosé Sánchez Bugallo dixo que a cidade está preparada para recibir os peregrinos no ano santo 2022, depois dun 2021 mermado pola pandemia, lebrando a importancia da responsabilidade individual para superala. Na súa homilía o arcebispo Xulián Barriro reiterou esa chamada á responsabilidade. Á cerimonia asistiron o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e varios conselleiros. A representación do Goberno central asumiuna a ministra de Industria Reyes Maroto. Acto que rematou coa sinatura no libro de ouro da cidade. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha