Celebrado o acto de gradación de 4º ESO no Colexio Manuela Rial Mouzo de Cee

1 minutes read

O salón de Actos do Colexio Plurilingüe Manuela Rial Mouzo de Cee acolleu o acto de Gradación do alumnado de 4.º de ESO, que recentemente chegou da súa Viaxe de Fin de Curso polo Mediterráneo.
Acompañados polas súas familias acudían por última vez ao Centro para despedirse da Secundaria Obrigatoria e, en moitos casos do Colexio no que pasaron toda a súa vida escolar pois chegaron a el con 3 anos.
Discursos, bandas de gradación, diplomas, vídeos…nun acto cheo de emoción que serviu para desexarlles a mellor das sortes a quen o próximo ano comezan unha nova etapa formativa lonxe das aulas do Manuela Rial.

Fotos: J.Parri.