Este sábado 16 de maio celebrouse o acto de graduación do alumnado de 2º de Bacharelatoo no IES Maximino Romero de Lema de Baio, unha xornada moi especial cargada de emoción, lembranzas e bos desexos para o futuro dos estudantes.
O acto estivo presentado por Álvaro e Alicia, que conduciron a cerimonia cun ton próximo e emotivo. En representación do alumnado, Elsa e Samuel pronunciaron os discursos de despedida, nos que lembraron experiencias compartidas ao longo desta etapa e agradeceron o apoio recibido por parte das familias e do profesorado. Ademais, Noa amenizou o acto cunha interpretación ao piano que emocionou ás persoas asistentes.
Durante a celebración tamén se fixo entrega de diferentes premios entre o alumnado e dun agasallo conmemorativo por parte do centro aos estudantes graduados.
Na celebración participaron as familias do alumnado, o profesorado, representantes da ANPA e tamén o alcalde do concello de Zas, Manuel Muíño, que quixo acompañar ao alumnado neste día tan significativo.
Para rematar a xornada, todas as persoas asistentes compartiron uns pinchos ofrecidos polo centro, nun ambiente de convivencia e celebración.
0