Celebrado o Consello Parroquial de Noicela e Rebordelos


  • Entre as demandas máis salientables están a mellora da estrada provincial da Pedra do Sal, a traída de agua e o aparcadoiro da Igrexa.

No referente a estrada provincial e para evitar que a obra se siga demorando, o alcalde comprometeuse a asumir dende o Concello de Carballo a redacción do proxecto ao tempo que continúan as xestións para as cesións de terreo. A veciñanza considera que debe terse en conta a expropiación, como alternativa para o caso de que non se consiga o solo de maneira voluntaria.

Entre as propostas comúns de ámbalas dúas parroquias tamén destacou a seguridade viária e a traída de auga. En Noicela continúa sen solución o aparcadoiro da igrexa parroquial, e mentres non se acada un acordo sobre o terreo propúxose unha regulación alternativa do tráfico para evitar os problemas actuais en determinados días.