Celebrado o Día dos Medios en Galego

dpm.

Máis dun cento de medios de comunicación monolingües no idioma galego celebraron na xornada deste venres o Día dos Medios en Galego. A data escollida, o 7 de febreiro, conmemora a saída, hai 144 anos, do primeiro número de O Tío Marcos d’A Portela, que fora unha das primeiras publicacións editadas integramente en lingua galega. Segundo a última enquisa do Instituto Galego de Estatística, máis da metade da audiencia desexa máis contidos en galego. De feito, a día de hoxe só existe un xornal en papel impreso unicamente na lingua galega. Si existe unha maior variedade de xornais monolingües en galego publicados en formato dixital.