Celebrado o sorteo da campaña de Samaín do CCA Carballo «Truco ou trato?”

O Centro Comercial Aberto (CCA) Carballo celebrou este luns o sorteo da campaña de Samaín “Truco ou trato?”, unha iniciativa desenvolvida entre o 20 e o 31 de outubro para dinamizar e dar visisbilidade ao comercio local, premiando unha vez máis a fidelidade da clientela.
O sorteo realizouse a través do Instagram da asociación e contou coa participación de 10 persoas, todas elas participantes que o pasado venres 31 acudiron ao Mercado Municipal para entregar as súas palabras misteriosas, formadas a partir das letras ocultas que atoparon nos escaparates dos 34 comercios participantes. Ademais, ese mesmo día, todos os/as que foron disfrazados (na súa maioría nenos e nenas) recibiron premios directos como entrada para o cine e divertidas sesións para as camas elásticas.
Tras o sorteo, resultaron premiadas as seguintes persoas: Ana Belén García Tasende, Jessica Varela Abelenda, Sandra Brandón Varela, Noelia Canedo Rodríguez, Carlos Baldomir Sánchez e Sandra Tarrío Rodríguez.
Cada unha delas recibirá un cheque de 50 euros para consumir nos establecementos asociados ao CCA Carballo. Ao longo desta semana, representantes da entidade farán entrega dos correspondentes premios ás persoas agraciadas.
Dende o CCA Carballo queren agradecer a participación de toda a veciñanza, así como a dos nenos e nenas que acudiron disfrazados/as, xunto coa implicación de todos os comercios adheridos, que contribuíron a encher as rúas de ambiente festivo, cores e espírito de Samaín.
A presidenta do CCA, Silvana Rama Corral, destacou que esta campaña “demostra, unha vez máis, a capacidade do comercio local para reinventarse, ofrecer experiencias diferentes e conectar coa clientela a través da creatividade e da proximidade”.
A iniciativa contou coa colaboración da Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e o Concello de Carballo.

Related posts

Vimianzo contará cunha sede da UNED para impartir de forma presencial cursos e actividades universitarias

A laracha destinará os fondos do POS+ 2026 integramente a gasto corriente

A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino