O torneo de deportes de raqueta (tenis de mesa e bádminton) levouse a cabo en Malpica este xoves, 23 de decembro, dende as 10:30 horas no polideportivo municipal. Foron unha ducia os participantes, a partir dos 7 anos. Houbo categorías por niveis, agasallo de participación e premios para os campións. Alí estivo presente a concelleira de Deportes, Noelia Freijeiro. Malpica continúa coa celebración da programación municipal de Nadal.