Celebrado un acto simbólico en memoria das vítimas da covid en residencias


Este domingo celebrouse na praza da Quintana, en Santiago de Compostela, un acto simbólico en memoria dos usuarios de residencias que faleceron vítimas do coronavirus nas propias residencias ou en distintos hospitais. Esta manifestación enmárcanse nas actividades reivindicativas que se celebran esta fin de semana por toda España reclamando máis medios e persoal neses establecementos e mellorar a súa xestión para evitar a propagación da covid-19.