O IES de Baio acolleu un encontro literario co escritor e xornalista Alberto Mancebo

1 minutes read

O Club de Lectura de Adultos do IES Maximino Romero de Lema, de Baio, acolleu un encontro literario co xornalista e escritor Alberto Mancebo. Durante unha hora conversouse ao redor da súa primeira novela O que me quedaba por dicirche, unha historia familiar, íntima e sentimental baseada nas intensas emocións dun rapaz chamado Xoán, pero que podería ser calquera de nós….Neste libro relata de forma moi cercana e con moito sentimento esas emocións que veñen marcadas tanto pola presenza como pola ausencia das persoas máis próximas a nós.

Ademais de achegar a súa novela e as motivacións das que partiu, Alberto contou como empezou no mundo da escrita, como é a súa técnica de escritura, como combina o seu labor profesional coa escritura, falou dos seus próximos proxectos literarios e comentou aspectos variados de carácter literario, social, educativo, profesional…

Os/as participantes agradeceron a Alberto a túa visita ao Centro e emprázano para presentar Indolente, a súa obra premiada na XXX Edición do premio de novela curta “Manuel Lueiro Rey”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?