Celebrados dous novos sorteos da campaña de nadal do CCA Carballo e a Asociación de Hostalería

O primeiro dos sorteos efectuouse na Praza do Concello e de entre todas as papeletas depositadas na urna alí instalada extraeronse dúas papeletas, premiadas con 500 € cadansúa, premio patrocinado por Vázquez y Reino. Estivo presente en representación do patocinador Francisco Conde e en representación do CCA Carballo Ricardo Pallas e José Manuel Suárez.

Os afortunados foron: Carmen Sánchez Canedo e Tania Calviño Cerqueiro.

Máis tarde procedéuse ao terceiro dos sorteo da campaña de nadal, entre as papeletas despachadas nos establecementos hostaleiros participantes na promoción.O premio consiste en cinco cheques compra, de 50 € cadanseu, que serán consumibles nos comercios adheridos ao CCA Carballo.

No sorteo estiveron presentes Goreti Casás, Daniel Varela Cancela, Cris Mato e Luís Cancela premiados da semana anterior, e que actuaron como man incocente, e Ricardo Pallas Osinde, presidente do CCA.

Premiados deste terceiro sorteo:

Shirley Rodríguez Saulliaco, Elena Alcoba García, Juan José Otero Pérez, Emilio Cousillas e Shirley Rodríguez.

Nese mesmo acto entregáronse os premios da semana anterior a: Goreti Casás, Daniel Varela Cancela, Cris Mato e Luís Cancela así como os premios patrocinados por Vázquez y Reino: Carmen Sánchez Canedo e Tania Calviño Cerqueiro.

O prazo para consumir os premios rematará o día 9 de xaneiro de 2021.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha