Céline Dion cancela a súa xira europea por enfermidade

1 minutes read

A cantante Céline Dion cancelou todas as datas europeas da súa xira Courage World Tour, que estaba prevista ata abril de 2024 mentres continúa co tratamento dun raro trastorno neurolóxico. Dion padece a síndrome da persoa ríxida que lle provoca espasmos que afectan á súa capacidade para camiñar e cantar. A artista, de 55 anos, lamentou vía twitter: “Sento moito decepcionarvos a todos unha vez máis… e aínda que me rompe o corazón, é mellor que o cancelemos todo ata que estea realmente preparada para volver aos escenarios… Non me rendo…… e estou a desexar verlles de novo!“, concluíu. A gañadora de dous Óscar e varios premios Grammy tivo que cancelar un tortal de 42 concertos en Francia, Bélxica, Noruega, Suecia, Finlandia, Países Baixos, República Checa, Polonia, Suíza, Croacia, Alemaña, Hungría, Austria, Irlanda, Inglaterra e o Reino Unido. O prezo das entradas dos concertos cancelados será devolto aos fans de Dion no punto de venda onde os adquiriron.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?