Celsa Atlantic, sociedade pertencente á multinacional española Celsa Group e titular da planta siderurxia emprazada no parque empresarial da Laracha, está a concluír o procedemento de contratación do proxecto de urbanización do entorno da factoría en desenvolvemento do plan parcial SAU Z-12, tal e como foi comunicado ao Concello.
Dito proxecto afecta a unha superficie de 172.380 metros cadrados e suporá unha optimización substancial na ordenación e estado actual dese ámbito. Con isto alcanzarase o dobre obxectivo de facilitar os accesos na entrada principal á planta ao mesmo tempo que se producirá un maior aproveitamento dos espazos públicos dispoñibles, integrándoos na configuración urbanística do entorno e, así, ofrecer novos servizos e infraestruturas accesibles e funcionais á veciñanza en xeral do municipio.
As actuacións proxectadas afectan de xeito moi especial á estrada de acceso aos núcleos de O Cruceiro e O Igrexario da parroquia de Lendo e que discorre fronte á factoría. A vía será ampliada, novamente pavimentada e dotada con beirarrúas, áreas verdes, espazos de aparcamento público de vehículos, mobiliario urbano (bancos, papeleiras, farolas, etc.) e a correspondente sinalización horizontal e vertical. Ademais, realizaranse as canalizacións soterradas para as redes de abastecemento de auga, saneamento de residuais, servizo de iluminación pública e telecomunicacións.
O proxecto que acometerá Celsa Atlantic está valorado en preto de 1,9 millóns de euros e terá un prazo de execución de dezaoito meses.O Concello da Laracha aplaude esta iniciativa que traerá consigo unha substancial mellora nas infraestruturas públicas nese sector do polígono industrial, onde tamén se sitúa o centro de emerxencias municipal de recente creación e que terá un acceso directo desde a estrada