Cen detidos por estafar máis de 1M€ mediante mensaxes de móbil fraudulentos

A Garda Civil detivo en Madrid e Barcelona a 101 persoas por estafar 1.100.000 euros mediante o envío de SMS masivos fraudulentos. Ata o momento, os investigadores xa puideron recuperar 383.000 euros do diñeiro roubado.

Esta macroperación policial chamada ‘Paketokas’ desenvolveuse durante todo este ano, e estendeuse a outros países como Bélxica, Estonia, Francia, Italia, Lituania e Malta, onde os detidos tiñan contas bancarias co diñeiro obtido ilicitamente.

Foi desenvolvida pola Garda Civil en Cantabria e os detidos están investigados polos delitos de estafa, pertenza a organización criminal e branqueo de capituales.

Os delincuentes suplantaban ás entidades bancarias remitindo indiscriminadamente, mensaxes de telefonía móbil ás posibles vítimas. Nestes, avisábanlles sobre cargos ilegais, accesos ilícitos ás súas contas e outras operacións de banca online.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha