Cen laracheses desfrutaron dunha excursión á Ribeira Sacra

1 minutes read

O Concello da Laracha organizou a excursión á Ribeira Sacra que se celebrou este mércores coa participación dun centenar de persoas da vila maiores de 55 anos de idade, xubilados ou pensionistas.

Durante a excursión os asistentes -acompañados polo alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira de Servizos Sociais, Rocío López- realizaron unha ruta en barco polo río Sil, coñeceron o Mosteiro das Bernardas, o miradoiro Cabo do Mundo e tamén desfrutaron dunha visita guiada a unha adega.

O obxectivo da organización deste tipo de iniciativas é ofrecer unha proposta lúdica, recreativa e cultural para optimizar o tempo de lecer das persoas asistentes e axudar a tecer relacións sociais entre elas.