Centenares de traballadores participaron en Carballo na folga do metal


Unhas trescentas persoas responderon este mércores ao inmobilismo da patronal do metal secundando masivamente unha nova xornada de folga. A concentración de Carballo tivo lugar ás 11:00 horas no polígono de Bértoa. Os traballadores e traballadoras camiñaron en masa ata a Praza do Concello ante un amplo dispositivo policial marcado de preto pola Policía Local, a Garda Civil e a Garda Civil de Tráfico. Durante a marcha os manifestantes corearon as súas reivindicacións tanto en voz alta como con diferentes pancartas.

Inicio da marcha no polígono de Bértoa.