‘Centinelas do mar’ impulsa o uso de drons para limpar o litoral galego


15 mozos que forman parte do campo de voluntariado Centinelas do mar, unha actividade totalmente novidosa este ano que se celebra en Sanxenxo, na que participan mozos e mozas de entre 18 e 30 anos, recoñecen a costa mediante drons, co que se introducen no uso desta útil ferramenta tecnolóxica. Unha vez identificadas as zonas onde é necesario intervir, desprázanse ata elas, mediante caiac ou tabla de padle surf, para recoller os residuos que se atopan nas mesmas. Así, a eliminación deste lixo, prexudicial para o medio mariño, facilita tamén o acceso a zonas dificultosas da costa e evita que estes materiais acaben nas praias. Ademais, os participantes poderán achegarse ás festas patronais da localidade de Portonovo, que darán comezo no mediodía deste domingo coa tradicional sardiñada no seu porto. Tamén visitarán, aproveitando a súa estadía no Salnés, lugares como a illa da Toxa, O Grove, incluíndo a praia da Lanzada, ou o Pazo de Quintáns, no propio Sanxenxo, e percorrerán rutas como a do viño ou a dos carballos de Aldariz.