Centos de civís foxen de Jersón ante o aumento de ataques rusos

Centos de civís están a fuxir da cidade ucraína de Jersón, liberada o pasado 11 de novembro, ante o aumento dos ataques das tropas rusas. As autoridades de Ucraína denunciaron que nas últimas 24 horas e ata a pasada madrugada caeron ata 33 mísiles sobre obxectivos civís, segundo o Estado Maior de Ucraína.

As accións militares rusas proseguen así mesmo en Bakhmut e en Avdliv, no leste do país, onde o exército inimigo concentra un gran número de efectivos, blindados e armamento pesado, di o Exército ucraíno ao que cita o portal Ukrinform.

As autoridades impostas por Rusia na rexión de Lugansk, no leste de Ucraína, afirmaron pola sua banda que as forzas ucraínas seguen concentrando tropas na rexión e tentarán atacar a localidade estratéxica de Kreminna desde tres direccións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha